ENCANTOS DE VALDEORRAS


Actividades

ENCANTOS DE VALDEORRAS

3 Días

O precio inclue:
- Autobús para todo o percorrido, dende diferentes puntos de Galicia.
- 2 noites en Hotel Malecón, en réxime de aloxamento e xantar.
- Visitas guiadas.
- Visita a Bodega Godeval, con cata de viños.
- Seguro de viaxe.

Actividades ENCANTOS DE VALDEORRAS

Precio: 183.00 € P. Persona


Agenda diaria

O Barco. A capital da comarca de Valdeorras.

Día 1

Día 1

A hora indicada, saida con dirección a O Barco, fermosa vila do oriente Ourensán e capital da comarca de Valdeorras.

Chegada e acomodación no hotel. Almorzo en restaurante local.

Por a tarde, visita dos lugares mais emblemáticos da vila. A Casa Grande de Viloira, con case catro séculos de historia, foi construida en 1637 e a sua historia está ligada a familia Quiroga. A casa estivo relacionada nos seus inicios co rei suevo Recaredo I pero desde o século XVIII estivo vinculada á
familia Quiroga e en concreto, dentro da longa estirpe deste coñecido apelido, á rama familiar de San Miguel de Montefurado. 
A edificación é de planta rectangular, embelecida con pedra vermella típica da
zona e conta con dous patios interiores, capela e adega abovedada. A fachada principal, orientada á praza de Otero Pedraio, é a de maior interese arquitectónico.
Os xardíns da Casa Grande, son singulares e contan cunha entrada de altos bananeiros traídos de América.
Non faltan os loureiros e tampouco o frondoso Magnolio, típica árbore nas casas señoriais tipo pazo da época.

A continuación visitaremos a Ponte de San Fernando, inaugurado no ano 1902 e derrubado por unha riada o día 27 de Decembro de 1959. Dende o mirador da Ponte, poderanse ver os piares ainda ao descuberto.

Remataremos o día dando un paseo por O Barco Vello. A Rúa Real, San Roque e San Mauro, forman o Casco Vello do Barco. A praza Maior preséntase aberta ao río coma se fose ao mar, e desde o seu balcón podes admirar o paso do Sil e divisar o porto da Barca, lugar no que a antiga barca de Viloira pasaba á veciñanza dun lado ao outro do río, sendo o xerme da vila alá polas primeiras décadas do século XVI. O nome do Barco de Viloira conservouse ata ben entrado o século XVII.

O Castro - Xagoaza

Día 2

Día 2

Almorzo e saida para visitar a vila do Castro.

Situada nun promontorio de 400 metros de altura sendo un enclave estratéxico desde a antigüidade como lugar de vixiancia dende o que podía verse o tránsito de xente e mercadorías que circulaban polas vías de comunicación que pasaban pola comarca. Valdeorras, lugar de paso para a meseta e entrada a Galicia desde León, estaba cruzada pola famosa vía romana denominada Vía Nova ou vía XVIII que unía a cidade portuguesa de Braga con Astorga e que era vital para recoller ao seu paso o ouro da nosa comarca e do Bierzo, para levalo ata Roma.
Pero a vila do Castro, a poboación máis importante do territorio na época medieval e sede administrativa durante varios séculos, xa era considerada estratéxica polos antigos poboadores e nela atopáronse restos dun asentamento castrexo que data de fai uns 2.500 anos e que quizá sexa o xerme da Vila do Barco. As escavacións arqueolóxicas que se fixeron na contorna da torre, puxeron ao descuberto estas
orixes bimilenarios do Castro: un grupo de cabanas que se superpoñen no tempo, aparecendo bases das primeiras chozas prerromanas de palla e barro e posteriores construcións de pedra circulares e rectangulares, que responden ás dúas fases de ocupación romana, (século I-II D. C. e III-IV D. C), sendo excedidas posteriormente por construcións medievais e polo propio castelo. Na rehabilitación que realizou o concello do Barco creouse unha praza xunto á torre onde se representa a pegada arqueolóxica do castro romano.

A continuación, traslado ata a bodega Godeval, para logo de visitar as suas instalacións e degustar una
cata dos seus millores viños, degustar un xantar típico da zona.

Logo do xantar, visita o Mosterio de Xagoaza, un lugar silencioso e con gran encanto, atópase a poucos
minutos do centro do Barco. 

No lugar atoparémonos a igrexa de San Miguel de Xagoaza cuxa porta sur e a ábsida semicircular con
xanela xerminada, deixan constancia da orixe románico da construción. A igrexa está datada no século XII e a cruz de Malta esculpida sobre a porta principal da igrexa lémbranos que foi un lugar administrado
pola Orde de San Xoán de Xerusalén.
O Mosteiro, adxacente á igrexa, é unha sobria construcción do Século XVIII, convertida en moderna adega para a elaboración de viños de godello que conta cunha adega-cova escavada na roca. A historia do Mosteiro de Xagoaza, agora ligada á unha adega, estivo moi relacionada co Camiño de Santiago sendo lugar de acubillo durante varios séculos de peregrinos que pasaban polo Camiño de Inverno na súa peregrinación a Santiago.

Resto da tarde libre, para poder dar un paseo por O Malecón, no centro mesmo do Barco, ofrece
á veciñanza e tamén aos visitantes un lugar de lecer e goce envexable, xa que conta con parques infantís, bares, restaurantes, praia fluvial, carril bici, piscinas, skate park, etc. No seu percorrido ao longo do paso do río pola vila encantaranche as súas terrazas, a súa esencia de río e a súa xente.

A Rúa - Petín

Día 3

Día 3

Almorzo e saida para visitar o Embalse de San Martiño, na Rúa. Está considerado punto de interese Ecolóxico dado que o Cormorán, unha das aves migratorias mais coñecidas, fai a sua escala neste lugar.

A continuación, traslado ata Petín para ver a Ponte da Cigarrosa. Magnífica construcción da época
romana, foi parcialmente reconstruido no século XVI conservando, no segundo e no cuarto pilar
elementos do antiguo ponte. 

Xantar en restaurante local.

Por a tarde, continuación da viaxe ata o punto de orixe.

Chegada e fin da viaxe e dos nosos servicios.


Descarga esta oferta


Elije la manera más cómoda para contactar con nosotros

Teléfono

981 928 339

Oficinas

Av. Buenos Aires 5-6, 1ºB
Centro de Negocios Despachos Riazor
15004 - A Coruña

Horario laboral

De lunes a viernes
9:00 - 13:30
16:00 - 19:00

También por Redes Sociales

Síguenos en nuestras redes sociales y entérate de promociones, ofertas y servicios exclusivos

Logos Xunta
Axuda axencias viaxes Xunta
Plan de emprego local Deputacion A Coruña
Viajes Cuzco

Av. Buenos Aires 5-6, 1ºB
Centro de Negocios Despachos Riazor
15004 - A Coruña


Teléfono: 981 928 339
E-mail: viajescuzco@viajescuzco.com