ENOTURISMO EN VALDEORRAS


Actividades

ENOTURISMO EN VALDEORRAS

2 Días

O precio inclue:
- 2 noites na casa rural, Pacio do Sil, en réxime de aloxamento e almorzo.
- Visita e xantar na Cova Xabreira.
- Visita guiada de Córgomo.
- Visita a Bodega Godeval, con cata de viños.
- Seguro de viaxe.

Actividades ENOTURISMO EN VALDEORRAS

Precio: 137.00 € P. Persona


Agenda diaria


Día 1

Día 1

O ponto de encontro será na casa de turismo rural Pacio do Sil, situada na localidade de A Rúa.

A continuación realizarase unha visita á zona coa subida ao miradoiro Barranco Rubio (A Rúa) e a continuación un paseo pola Rúa Vella. O miradoiro é un dos espazos con impresionantes vistas de todo o val desde o que se explica a orixe e a historia da comarca (Valle de Gigurros). Unha vez situados desde as alturas trasladarémonos á zona vella da Rúa onde visitaremos a lápida de Lucio Pompeyo Reburro, un gigurro que chegou a ser un destacado membro do exército romano.

Traslado ata Seadur, para visitar a bodeda Cova da Xabreira, onde xantaremos.

Na tarde, visita a localidade de Córgomo, povo natal do poeta Florencio Delgado Gurriarán.

Percorremos as rúas deste belo pobo mostrando a súa arquitectura e parando nos lugares relacionados coa vida e obra de Florencio.

A poesía acompáñanos en cada recuncho coa lectura dalgún dos seus poemas. Non podía faltar coñecer unha adega particular ou unha "Cova" (adega subterránea) nesta localidade. Entre as opcións está a adega particular de Luís Folla e a súa familia que conta no seu interior cun depósito con capacidade para 64.000 litros, construído en 1908 e que forma parte da propia estrutura da casa . O final do roteiro volve ser unha homenaxe ao viño desta denominación ao realizarse unha cata cun godello e un mencía acompañados duns petiscos.

Aloxamento na casa rural Pacio do Sil.


Día 2

Día 2

Pola mañá, visita a bodega Godeval. A visita empezará polos viñedos que a adega ten no Barco e a continuación realizarase unha cata dos viños da adega na "Cova dúas Monxes", edificio tradicional na comarca. A continuación degustaranse uns petiscos con produtos tradicionais da comarca para combinar cos seus viños.

Pola tarde, trasladarémonsos ata o Barco para dar un paseo por o Malecón que transita por a beira do río Sil. É unha das zonas máis utilizadas polos habitantes desta vila e unha excepcional área de recreo ao aire libre.


Actividades ENOTURISMO EN VALDEORRAS

Descarga esta oferta


Elije la manera más cómoda para contactar con nosotros

Teléfono

981 928 339

Oficinas

Av. Buenos Aires 5-6, 1ºB
Centro de Negocios Despachos Riazor
15004 - A Coruña

Horario laboral

De lunes a viernes
9:00 - 13:30
16:00 - 19:00

También por Redes Sociales

Síguenos en nuestras redes sociales y entérate de promociones, ofertas y servicios exclusivos

Logos Xunta
Axuda axencias viaxes Xunta
Plan de emprego local Deputacion A Coruña
Viajes Cuzco

Av. Buenos Aires 5-6, 1ºB
Centro de Negocios Despachos Riazor
15004 - A Coruña


Teléfono: 981 928 339
E-mail: viajescuzco@viajescuzco.com